Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Labrego Cultural acolle a presentación do libro de Carlos Rodríguez sobre a parroquia de Reboreda

libro

Un texto enmarcado na colección Parroquias de Redondela que se presentará o sábado 30 ás 13:00 horas nun acto que contará coa participación do autor, Carlos Rodríguez e a alcaldesa Digna Rivas, haberá reparto de exemplares entre as persoas que asistan.

Uns libros editados dende Normalización Lingüística que buscan dar a coñecer “o enorme patrimonio que teñen as nosas parroquias e que, moitas veces, pasa desapercibido” así como “a cantidade de persoeiros cunha traxectoria histórica máis que salientable cos que conta a parroquia e que son grandes descoñecidos na historia local”.

Así o entende Carlos Rodríguez, autor do libro que se presenta este sábado e que leva por título “Reboreda: espazos de pedra, músicas de augas”.

Un pequeno caderno no que segundo explica o autor “quérese presentar a parroquia como dunha andaina se tratase. Coñecer así o seu río, os seus espazos naturais, as súas construcións en pedra antiga. Achegarse a unha parroquia de 2.800 habitantes, unha das máis poboadas do municipio nunha extensión de oito quilómetros cadrados, sendo tamén a máis extensa”.

O libro, como todos os editados dentro desta iniciativa contan con portadas realizadas porÁngel Barros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará