Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Naialma” de Alberto Vilas, premio Martín Códax na categoría de Música Clásica-Contemporánea

alberto vilas

O primeiro traballo en solitario do músico e compositor redondelán vén de recibir o prezado galardón nos oitavos premios Martín Códax da Música, nun acto celebrado na noite deste mércores 27 no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha coidada edición en formato audio-libro, Naialma é un disco “íntimo e persoal” froito do traballo de varios anos.

Membro do grupo Tangata desde 1988, colaborador de artistas como Uxía, Sonia Lebedinsky, Tino Baz ou Vitorino, conta con moitos traballos discográficos ás súas costas, sendo Naialma o primeiro disco en solitario de Vilas. Un proxecto musical feito con agarimo e con tempo, realizado ao longo dos últimos anos.

Vilas amosábase a través das redes “infinitamente emocionado, agradecido e feliz” logo de recibir o premio que dedicaba aos seus compañeiros de nominación, a súa familia e a “dúas persoas funamentais que xa non están entre nos fisicamente pero o estarán no meu corazón sempre, o meu pai e o noso querido amigo e Maestro de Tangata Artigas”. Amosaba tamén o seu agradecemento ao concello de Redondela “polo apoio importantísimo para sacar adiante Naialma”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará