Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As centrais sindicais do Concello esixen volver á negociación colectiva

Sindicatos

Traballadores do Concello de Redondela concentráronse esta mañá ás portas do consistorio convocados polos sindicatos CSIF, UXT e CIG. Ao berro de “non ao decretazo” denunciaron que o goberno local vai levar ao pleno melloras salariais para os axentes da Policía Local “pactadas ás costas dos sindicatos e da mesa de negociación”. Os representantes dos traballadores esixen que se retome a negociación colectiva. Elisa Vieites, do CSIF, sinala ademais que a mellora salarial que se pretende aprobar “é un remendo inútil que non resolve os problemas laborais da policía”

Elisa Vieites, do sindicato CSIF

Os tres sindicatos rexeitan á forma de actuar do goberno local que cualifican de “falta de respecto aos traballadores e aos seus representantes”. Piden que se retire o asunto da orde do día do pleno que se celebrará este serán e “reabrir o camiño do diálogo dende a boa fe e sen imposicións”, sinala José Manuel Riobó da CIG

José Manuel Riobó, da CIG

Os represantes sindicais din sentirse “asombrados” coa decisión do goberno local de levar ao pleno este acordo “despois de que se rexeitase por parte dos sindicatos na mesa de negociación” como apuntan Olalla Casanova e Taibo, de UXT

Olalla Casanova e Taibo, de UXT

Os sindicatos apostan por retomar as demandas do conxunto do traballadores e negocialas na Mesa Xeral de Negociación “que é o órgano de representación de onde nunca debeu saír”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará