Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela vístese de Samaín: visitas teatralizadas, obradoiros e caramelos gratis no comercio local

samain redondela

O programa organizado dende o Concello de Redondela está orientado a todas as idades e arranca este venres 29 de outubro co obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín” que se desenvolverá no Multuisos do Piñeiral do Crego en Chapela e no Multiusos da Xunqueira en Redondela de 17:00 a 19:30 horas. Ademais os días 29 e 30, coa colaboración da Asociación de Empresarios, agasallarase as cativas e cativos, con caramelos nos distintos establecementos do Concello.

Dende o goberno local buscan con estas propostas potenciar unha tradición moi arraigada en Galicia e fomentar o pequeno comercio con actuación concretas nos distintos casos urbanos.

O día 30 celébrase tamén unha xincana infantil ambientada e caracterizada coa temática do Samaín, que comezará ás 18:30 horas na Praza do Concello, con inscrición previa no enderezo electrónico turismo@redondela.gal e no teléfono 986 401 713

E na noite do 30 ao 31 de outubro, cita para achegármonos a unha ruta polos Petróglifos da Pedreira en San Martiño de Ventosela, actividade para toda a familia, con inscrición e información no telefono 600 381 782.

Por primeira vez na noite do 31 farase unha visita teatralizada na noite de defuntos, coa finalidade de vivir as lendas, supersticións e crenzas da vila nas rúas de Redondela e rematando no cemiterio de Eidos.

Turismo, xuventude e a área de comercio local únense neste programa especial de Samaín en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará