Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un museo para Angel Barros

angel barros

O pleno comprométese a poñer en valor a obra pictórica do redondelán Angel Barros. A Concellería de Cultura fala “dun proxecto xa en marcha” para contar cun espazo museístico que permita albergar estes cadros nas condicións axeitadas para a súa conservación e exposición.

O Concello quere protexer e divulgar a obra do pintor Angel Barros (1975). Con ese obxectivo no pleno de hoxe aprobábase unha moción na que o Concello se compromete a procurar un espazo municipal axeitado a súa obra así como a buscar canles de protección, conservación e difusión para a súa pintura. Unha iniciativa que chega logo da petición dunha ducia de colectivos sociais, culturais e empresariais de Redondela, quen meses atrás asinaran un manifesto no que reclamaban a “protección e conservación en Redondela dos numerosos cadros deste artista redondelán e veciño de Reboreda”.

Neste sentido reclámase na moción un espazo municipal que acolla unha exposición permanente coas súas principais obras “para promover un modelo de cultura e educación para as crianzas” e que as administracións públicas acheguen “recursos para garantir a viabilidade desta demanda popular”.

Con esta iniciativa darase a coñecer a vasta obras pictórica de Barros, consistente na copia de grandes cadros e autores da historia: Greco, Da Vinci, Goya, David, Vermeer ou Rubens, entre outros.

Jessíca García, voceira do BNG era a encargada de ler a moción conxunta na que ademais da súa vertente como restaurador lembrábase que Barros é unha figura moi vinculada co mundo dos represalidos por vir dunha familia republicana que padeceu especialmente a represión. “Cunha formación autodidacta e unha vida marcada desde neno pola represión franquista representa un exemplo de vida na que a arte se impuxo como horizonte”.

Jessica García, BNG

Logo de percorrer diferentes países, Barros chegaría a París onte tivo ocasión de presentarse nun obradoiro de restauración. Alí o contrataría tras comprobar as súas grandes dotes. Traballou para o Ministerio de Cultura e Patrimonio de Francia, e traballou na restauración de obras do Louvre. Tras a súa xubilación volveu a Redondela, onde realizou até catro exposicións. Na última, 2020, xurdiu a idea entre varias persoas de promover unha iniciativa “para a protección, conservación e difusión da súa obra”. A día de hoxe, Barros segue a pintar, e conta con centos de cadros de gran formato e excelente calidade que ofrece legar a Redondela.

A única dúbida agora é onde se ubicarán eses cadros, un futuro museo que o concelleiro de AER, Daniel Boullosa, ubicaba nas Antigas casas dos Mestres na Avenida Medniño, insistindo en que suporá un gran esforzo tanto a súa conversión en museo como o financiamento do persoal necesario para a súa xestión.

Daniel Boullosa, AER

Apuntaba a voceira do PP, Carmen Amoedo a necesidade de “traballar todos xuntos para que este proxecto chegue a bo porto”.

Carmen Amoedo, PP

A edil de Cultura, Iria VIlaboa adiantaba que “xa hai un proxecto en marcha que se financiará cos fondos europeos EDUSI” para dotar a Redondela dun espazo museístico acorde a unha vila como a nosa.

Iria Vilaboa, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará