Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande revive a batalla

batalla

As inmediacións do Meirande conmemoran este fin de semana o aniversario da Batalla naval que no ano 1702 enfrontou as navieiras franco-española e anglo-holandesa na enseada. A Asociación Cultural de Deportiva de Rande en colaboración co Concello traballa nos últimos preparativos para ter todo a punto para dúas xornadas nas que haberá representacións teatrais, obradoiros para os cativos, visitas en barco a Illa, exhibición de embarcacións tradicionais e, como colofón xa en horario nocturno a representación naval da batalla con pirotecnia.

Unha cita festiva que este ano recupera unha certa normalidade con medidas máis relaxadas polo Covid e coa confianza de que o tempo vai a acompañar. Unha VIII edición deste Acto de Conmemoración da Batalla que se vivirá con intensidade na xornada do sábado –día grande- e o domingo. Unha programación da que nos falaba o presidente da Asociación, Pedro Otero.

Na posta en escena da batalla participan medio cento de veciños de todas as idades, que dan vida aos personaxes protagonistas da contenda naval, e tamén ao pobo redondelán da época. Como novidade, este ano contarase con dúas personaxes –dous campesiños– que levarán o fío condutor dunha historia que estará dividida en cinco escenas e guiadas por un narrador.

A introdución destas dúas personaxes busca quitarlle carga dramática á representación dun feito histórico, tráxico de por si como a Batalla de Rande na que perderon a vida máis de 2.800 homes e preto de 2.500 resultaron feridos. O desembarco, que terá lugar na contorna do Meirande e os fogos artificiais que recrean a batalla naval propiamente dita, pecharán a representación.

Haberá ademais moitas propostas para o público máis cativo con obradoiros infantís de alfarería, escritura antiga, pintura clásica e acuñación de moedas, así como atraccións para que nenos e nenas gocen desta conmemoración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará