Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A dirección do Instituto de Chapela dimite ao sentirse “ninguneada” pola Xunta

ies chapela

“A decisión está baseada na falta de comunicación e de resposta por parte dos responsables da administración educativa a que se cubra a segunda praza de orientación do IES de Chapela”. Así o explicaban dende a dirección do centro logo de tomar a decisión nunha reunión ordinaria do Consello Escolar celebrada este xoves.

Un centro que leva dende que arrancara o curso reclamando que se cubrira a segunda praza de orientación “praza consolidada e cuxo titular solicitou no verán unha comisión de servizos”. Logo de presentar esta reclamación vía telefónica e por escrito en reiteradas ocasións sen que dende a Consellería lles tiveran dado resposta algunha, o pasado martes decidían sacar a súa protesta á rúa, protagonizando unha concentración no patio do centro.

Unha mobilización que tampouco tivo resposta, polo que na reunión ordinaria do Consello Escolar celebrado este xoves, a dirección do centro decidiu presentar a súa dimisión diante da Xefatura Territorial de Pontevedra. A decisión, insisten “está baseada na falta de comunicación e de resposta por parte dos responsables da administración educativa”. O propio director do centro, Miguel Pérez, explicaba nos nosos micrófonos que se sentían “ninguneados e ignorados como equipo directivo”. Lembra que desde comezos de setembro esa dirección reclamou que se tivese en conta a vacante, sen que polo de agora “ninguén se puxese en contacto con nós nin se dignase a contestarnos”. Consideran que non é un trato digno para os preto de mil alumnos e alumnas do centro, nin para un Departamento de Orientación que é un piar básico do seu día a día nun centro con máis de 100 alumnas e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e que ve minguada deste xeito a súa capacidade de atención á diversidade.

Miguel Pérez, director IES Chapela

“Denunciamos a falta de sensibilidade da Consellería de Educación ao ignorarnos como inter locutores válidos na construción do ensino público de Galicia que todos e toda queremos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará