Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A subida do prezo da luz ten aos veciños entre o enfado e a resignación

LUZ

A factura eléctrica subiu un 44% nun ano. Ás portas do inverno, cando se augura un aumento no consumo de enerxía, os consumidores falan de “preocupación e malestar” polos continuos incrementos no prezo da luz. O mecanismo polo que se fixa o prezo da electricidade non é doado de entender, como tampouco o é a factura que os clientes reciben. Consumidores como Maros demandan “unha explicación clara” dos motivos polos que sobe a enerxía e que a administración “lle poña remedio”. Advirte que esta escalada de prezos vai supoñer graves prexuizos para os máis vulnerables.

Consumidores como Maros demandan “unha explicación clara” dos motivos polos que sobe a enerxía

As diferentes compañías eléctricas que ofrecen os seus servizos manteñen prezos similares, segundo os clientes “porque non hai unha competencia real”. Antonio denuncia que son “unhas poucas e chegan a acordos”. Entende que a situación actual é un problema “gravísimo” e séntese “enganado”.

Antonio denuncia que as compañías eléctricas chegan a acordos para subir os prezos

Os consumidores non atopan unha solución doada para esta situación, e apuntan ao Goberno central para que siga coa rebaixa dos impostos que gravan a factura “cun IVE reducido”, como sinala Fernanda

Veciñas como Fernanda reclaman ao goberno central o IVE reducido da luz para abaratar a factura

A maoría da veciñanza vive con resignación esta escalada de prezos, e hai quen se lamenta de que a cidadanía non se mobilice en protesta por esta situación. David sinala que a xente quéixase polo elevado prezo da luz “pero non se fai nada para loitar por este dereito”. Bota en falta accións de protesta para esixir “prezos xustos para un ben básico como é a luz”

David bota en falta accións de protesta por parte da cidadanía

O prezo da electricidade continúa en máximos. De media, a luz custa hoxe martes 207 euros o megawatt hora, alcanzando picos de 256 euros nas horas máis caras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará