Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco desperdicia as súas ocasións en Ponteareas

ChocoJuvenil

Terceira División

Juvenil 2-0 Choco

Os de Juan Amoedo viaxaban a Ponteareas coa intención de prolongar a boa racha tras a vitoria anta o Sofán, pero non puido ser. O Choco tardou en meterse no partido e os anfitrións impuxéronse en Pardellas. O Juvenil comezou controlando o xogo, mentres o equipo choqueiro non lograban conseguir profundidade nos pases. As perdas de balón dos redondeláns permitiron ao locais chegar con máis facilidade á portaría de Cortegoso, aínda que sen ocasións claras. O gol de Cora chegaría tras unha perda de balón do CD Choco, cun tiro cruzado. Co 1-0 no marcador ao de Amoedo custoulles reaccionar, e o Juvenil Ponteares aproveitou para seguir buscando a rapidez de Cora e aumentar a vantaxe. Pouco antes do descanso Cortegoso despexou un córner que podería ter sido o 2-0. Xa no segundo tempo o Choco comezou máis enchufado e fíxose co control do partido. O dominio do balón permitíalles xogar en campo contrario e xerar ocasións, pero finalmente non materializaron. Os de Amoedo tiveron ata media ducia de ocasións para igualar o encontro, pero non foron quen de convertelas en gol. Mentres os locais aguantaban a vantaxe esperando as contras para tentar sentenciar o partido. E no minuto 71 chegaría o 2-0 para o Juvenil co segundo de Cora. O Choco xa non conseguiu facer máis dano, nin dar continuidade ao seu xogo mentres que o Juvenil aguantou o resto do partido para sumar os 3 puntos. O domingo o Choco recibirá en Santa Mariña ao Barco, equipo situaco na parte alta da táboa.

SD Juvenil Ponteareas: Dani Sampayo (P), Marcos Xusto, Cuña, Iván Garrido, Portas, Telmo, Miguel Fernández, Fonseca, Xoel, Cora e Monchito. Tamén xogaron Aitor, Marcos, Adán e Nicolás

CD Choco: David Cortegos (p), Kopa, Álex Figueroa, Álex Pérez, Berni, Comis, Alberto Suárez, Félix, Juanma Torres, Hugo S. Tomás. Tamén xogaron Campe, Toni Armada, Pedro, Rancaño e Jorge Maceira

Goles: 1-0 Cora (min.38), 2-0 Cora (min.71)

Fútbol sala Terceira Nacional

Bueu 4-3 Campito

A derrota deixa ao Campito na parte baixa da táboa, aínda non conseguiu gañar ningún partido nas 5 xornadas disputadas, e tan só suma 2 puntos de dous empates. O próximo domingo o Campito recibe en Chapela ao Pontedeume, 12º na táboa, con 2 puntos máis que os redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará