Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Luns do Cristo (25 de Abril) e o Xoves da Coca (16 Xuño) volverán ser os festivos locais no 2022

Festa_da_Coca_04

O debate sobre os festivos locais dos que gozarán os redondeláns no vindeiro ano non deparou sorpresas e, tal e como se prevía, resultaron elixidas as dúas datas habituais do Luns do Cristo e o Xoves da Coca propostas polo PSOE e votadas a favor polo PP. Un debate que se centrou na enquisa que se realizaba dende o Concello entre os días 6 e 12 de setembro. Unha consulta popular promovida dende a Concellería de Participación cando este departamento estaba en mans de AER e que foi criticada polos seu exsocios de goberno así como dende o resto dos grupos da oposición por entender que presentaba importantes eivas ao ser exclusivamente telemática.

Arrancaba o debate a actual edil de Participación, Olga García lembrando os datos que arroxou a consulta pública de principios de mes “na que participaron tan só 350 persoas, das cales o 58% votou pola Coca e o 35% polo Luns do Cristo” e insistindo en que o seu partido non estaba de acordo coa realización deste tipo de consulta “cando os datos da mesma enquisa realizada o ano pasado xa foran contundentes”.

Olga García, PSOE

O edil do BNG Xoán Carlos González tamén foi contundente no seu rexeitamento ante “unha consulta que presentaba numerosas eivas, xa que ao ser exclusivamente telemática non chegou a boa parte da poboación, sendo ademais ilóxico que se permitira a participación de veciños de fóra de Redondela”. Apuntaba tamén que se incluía entre as opcións o 24 de xuño (San Xoán), cando esa data xa é festiva no calendario do vindeiro ano.

Xoán Carlos GOnzález, BNG

Pola súa banda e edil popular Carmen Amoedo insistía en criticar á alcaldesa por permitir que se fixera unha enquisa “que non ten ningún valor pola escasa participación coa que contou”. Recriminiba a nova concelleira que non tivera promovido a votación presencial e convidar aos centros cultural e asociacións a participar.

Carmen Amoedo, PP

O Concelleiro de AER, Manuel Vilas, quedou só na defensa da consulta e insistiu en que “este tipo de iniciativas o que buscan é promover a participación dos veciños na vida política”.

Manuel Vilas, AER

Como curiosidade, que foi salientada dende as filas nacionalistas, este ano “Redondela celebrará a revolución dos Cravos portuguesa, ao coincidir o Luns do Cristo en 25 de abril”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará