Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intensa fin de semana de balonmán en Redondela

SARfinde

Foto: Patry Rivas

Os afecionados ao balonmán están de parabéns en Redondela, porque desde esta tarde de venres e ata o domingo o pavillón da Bomboneira acollerá diferentes citas desta disciplina. Ademais dos partidos de liga da SAR en Honra Prata Feminina e Primeira Nacional Masculina, celébranse tamén os “play-off” nas categorías Infantil e Xuvenil Feminina. A clasificación das categorías inferiores da SAR fai que o club redondelán sexa o anfitrión da eliminatoria, como explica Aurelio Krook “Lito”, presidente da entidade. Os rivais serán Lavdores, Teucro e Xiria na categoría Infantil e Brigantium, Teucro e Balonmán Cangas na Xuvenil.

Os partidos de “play-off” comezarán hoxe venres ás 16.00 horas e prolongaranse ata o domingo

Os partidos comezarán hoxe venres ás 16.00 horas na Bomboneira, e prolongaranse durante toda a fin de semana. Redondela acolle tamén os partidos das categorías nacionais. A SAR Rodavigo de Honra Prata Femenina recibe ao Carballal noutro interesante derbi comarcal. “Lito” augura un bo partido ante as viguesas, que sempre contan con equipos moi competitivos. Na Primeira Nacional o Plastic Omnium recibe ao Carnes do Ribeiro, que experimentou cambios con respecto ao ano pasado.

A SAR Rodavigo mídese ao Carballal e a SAR Plastic Omnium recibe ao Carnes do Ribeiro

No caso do Rodosa Chapela o equipo de Miguel Sánchez desprázase para xogar na pista do Balonmán Lalín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará