Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reedita a consulta popular para elixir os festivos locais

festivo coca

O Concello de Redondela abriu xa o prazo para participar na enquisa na que se solicita a participación de veciños e veciñas para coñecer as súas preferencias de cara a determinar os festivos locais para o vindeiro ano. Unha consulta non vinculante na que se pode participar ata o vindeiro 12 de setembro a través da páxina web do Concello. Xoves da Coca e Luns do Cristo acadaran o ano pasado, primeira vez que se realizaba esta enquisa da man da Agrupación de Electores, o maior apoio da veciñanza que apostaban así por manter os festivos tradicionais.

A consulta, convocada dende a Concellería de Participación Cidadá, establece catro opcións posibles para os festivos locais do ano 2022. Como xa se fixera o ano pasado os participantes deben elixir entre 4 propostas: o 1 de marzo (Martes de Entroido), 17 de abril (Luns do Cristo), 16 de xuño (Xoves da Coca) ou o 24 de xuño (San Xoán).

Na edición anterior participaron un total de 2.200 persoas que ben presentaron os formularios no rexistro do Concello ou os cubriron telematicamente.

Accede a enquisa aquí

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará