Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns apostan por manter o Xoves da Coca e o Luns do Cristo como festivos locais

coca

A enquisa desenvolvida pola Concellería de Participación Cidadá recolleu a opinión de máis de 2.200 persoas que amosaron a súa predisposición a manter os festivos locais do Xoves da Coca (2.124) e o Luns do Cristo (1.870) sendo minoritarios os que optaron polas outras dúas opcións en xogo: Martes de Entroido (287) e San Xoán (129). A enquisa en torno ao peche das rúas espertou un menor intereses, coa participación de 504 persoas e un resultado con pouca diferenza entre os que apostan polo peche das rúa Alfonso XII e Ribeira (284) e os que consideran que non se debe pechar o tráfico (220).

Durante un mes, dende o 15 de xullo ao 15 de agosto, realizouse unha consulta non vinculante na que se solicitaba que a veciñanza de Redondela se pronunciase sobre dúas cuestións de relevancia no seu día a día: a elección dos festivos locais e a peonalización das rúas do centro da vila.

No primeiro caso votaron participaron máis de 2.200 persoas finalmente, sendo 1.700 os rexistros presentados, mentres que máis de 510 persoas cubriron a enquisa de modo telemático. Neste sentido hai que destacar que o Presidente da Irmandade do Santo Cristo dos Navegantes presentou 1.487 enquisas cubertas polos veciños e veciñas de Redondela.

O resultado final deixa como opcións máis votadas o Xoves da Coca con 2.124 votos e o Luns do Cristo con 1.870 votos. En terceiro lugar sitúase o martes de Entroido con 287 votos e o 24 de xuño, San Xoán (Solsticio de Verán), con 129 votos.

Unha decisión que queda agora en mans do Pleno do Concello que será o que cos seus votos decida finalmente cales son os festivos de cara ao 2021.

Na enquisa do peche das rúas Alfonso XII e Rúa Ribeira, opinaron un total de 504 persoas, das cales 284 están de acordo co peche das rúas mentres que 220 consideran que a rúa non se debe pechar.

A concellería de Participación Cidadá quere amosar o seu agradecemento ás persoas que participaron nestas enquisas, sendo un modo a maiores de participar na vida política e nas cuestións que lles afectan e apuntan que as opinións expresadas pola veciñanza deben ser analizadas co fin de que as medidas que se adopten no futuro sexan o menos prexudiciais posibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará