Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

19 denuncias por non usar máscara na pista de skate de Redondela

skate

A policía local de Redondela procedía na xornada de onte a tramitar un total de 19 denuncias entre os mozos e mozas que se atopaban na pista de skate na zona da Avenida Mendiño e que carecían da obrigatoria máscara de seguridade. Maioritariamente era xente nova de entre 16 e 18 anos de idade, malia que tamén se denunciou algún menor de tan só 13 e adultos que xa superaban a trintena. Nos vindeiros días incrementarase a vixilancia para facer cumprir as medidas sanitarias.

Axentes da Policía Local procederon no día de onte a denuncia un total de 19 persoas que se xuntaban no skatepark de Redondela e que, malia non estar practicando deporte, non levaban posta a obrigatoria máscara de seguridade. Todos eles, mozos e mozas dende os 13 e ata os 34 anos, enfróntanse a unha sanción que ascende a cen euros.

Unha situación que se repite principalmente nas pistas deportivas, onde adoita xuntarse moita rapazada que incumpren as medidas sanitarias establecidas. Por este motivo, dende a Policía anuncian a posta en marcha dun dispositivo especial de vixilancia que se incrementará nos vindeiros días con efectivos destinados a este fin, tanto de paisano como uniformados, que percorrerán as zonas máis conflitivas.

Con todo dende a Policía apuntan en que en xeral a cidadanía está a respectar o uso da máscara e tampouco hai que lamentar incidentes que teñan que ver con botellóns ou festas que supoñan un risco de contaxio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará