Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de xestión de retirada do amianto

amianto

A Casa da Cultura de Redondela acolle os días 30 de setembro e 1 de outubro un curso de manipulación e tratamento do amianto. Unha actividade organizada polo ISSGA da Consellería de Emprego e Igualdade

Terán prioridade para acceder o curso aquel persoal traballador que pode atopar amianto de maneira inesperada durante o seu traballo, é dicir, operarios de mantemento en xeral, electricistas, fontaneiros, carpinteiros e traballadores da construción. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude como data límite o 23 de setembro no correo electrónico proyectos @g2consultores.es ou no enderezo tecnica.prevencion.riscos@redondela.gal. Tamén teñen a súa disposición o teléfono 986 392209.

O curso ten unha duración de 8 horas repartidas en dous días en horario de tarde, de 16:30 a 20:30.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará