Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito comeza a temporada “con humildade e traballo” ante o Lugo

Campito

Logo dunha pretemporada coa incorporación de moitas caras novas, o equipo sénior de Terceira División Nacional empezará a liga esta fin de semana. Entre as novidades está o propio adestrador, Santi Domínguez, que coñecía xa ao equipo de etapas anteriores. Tamén conta con experiencia na categoría, á fronte doutros clubs. Neste comezo de temporada amósase satisfeito co compromiso dos xogadores, e aposta tamén pola canteira “que hai que ir formando para que poidan competir”

Santi Domínguez, adestrador do Campito F.S.

Os de Santi viaxarán o domingo de mañá a Lugo, para enfrontarse a un dos equipos duros da categoría. O técnico lembra que o Lugo Sala leva dous anos loitando polo ascenso, e vén de reforzarse con xogadores “que teñen un nivel superior ao da categoría”. Con todo, os de Chapela non llo van poñer doado e pelexarán por competir ao mellor nivel “desde a humildade e o traballo”, afirma o adestrador

O técnico advirte que o Lugo Sala é un dos favoritos ao ascenso

Advirte Santi que a temporada que agora comeza será longa “e moi competitiva” polo que o seu lema e traballar “día a día e partido a partido”. Con esta filosofía “cholista” busca ir mellorando cada día o rendemento do equipo e que os propios xogadores vexan que cada vez están a un mellor nivel.

A temporada que comeza será “longa e moi competitiva” segundo apunta o adestrador

No Campito Fútbol Sala contan con máis compromisos esta fin de semana. Tamén debuta o equipo de Xuvenil Galega. Será mañá sábado ás 16:30 horas en Chapela, ante o Pecheches. O equipo de Julio ponse como obxectivo estar entre os 4 primeiros para xogar a fase de ascenso a División de Honra co Grupo Norte. O sénior masculino de Primeira Autonómica xogará o seu primeiro amigable oficial ante o Cesures F.S de Preferente o domingo ás 19:00 horas en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará