Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais de Chapela trasladan provisionalmente a atención ao Multiúsos do Piñeiral

ss chapela

A Concellería de Servizos Sociais habilitou espazos e entrada independente do resto multiúsos para garantir a privacidade das persoas usuarias. O servizo desenvolverase nese novo espazo mentres duren as obras de “Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética” das dependencias de Servizos Sociais de Chapela previsiblemente durante catro meses, Un traballos que contan cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020.

A concelleira Iria Vilaboa subliña que, dadas as especiais condicións de privacidade que a prestación dos servizos sociais require, “as dependencias provisionais serán independentes do resto de servizos do multiúsos contando cunha entrada aparte do resto da instalación”. O servizo, para maior efectividade e evitar esperas, seguirá funcionando baixo o sistema de cita previa que se pode solicitar no teléfono 986 45 89 93

A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Servizos Sociais e as súas traballadoras “á hora de habilitar unhas dependencias que, aínda que provisionais, son funcionais e cumpren á perfección os requisitos esixible para a prestación do servizo”.

Ao mesmo tempo, fixo fincapé na importancia das obras que se están a realizar nas dependencias dos Servizos Sociais de Chapela que, apuntou, “permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar con instalacións modernas, cómodas e funcionais”.

Como todas as obras que se realizan por parte do Goberno local, as novas oficinas serán totalmente accesibles e contarán con elementos que garantan a súa eficiencia enerxética.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará