Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela declárase municipio contra a prostitución e a trata sexual de persoas

pleno1

A moción presentada polos nacionalistas para declarar Redondela concello libre de prostitución foi aprobada co apoio de todos os grupos agás o PP, quen se abstivo alegando que dentro da moción solicitábase a Xunta de Galicia que aplicara medidas que xa están en vigor como a inclusión das mulleres vítimas de trata dentro das mulleres vítimas de violencia machista. Todos os grupos, en todo caso, amosaron unha postura abolicionista.

 “Hai mulleres en prostitución porque hai proxenetas e porque hai puteiros” explicaba a nacionalista Jessica García, quen insistía que non se da a casuística de que haxa mulleres en prostitución por vontade propia, “non hai un consentimento explícito que non estea viciado porque están nesa situación obrigadas por un sistema que se aproveita da súa precariedade”. Instaba á concellería de igualdade que se poña a traballar na elaboración de campañas para sensibilizar e difundir a importancia da erradicación da prostitución. Solicitaban tamén que se reforce, a través dos servizos sociais a e do CIM, a atención integral ás mulleres en situación de prostitución e que se inste ao a Xunta á inclusión das mulleres vítimas de trata identificadas na Galiza no marco de axudas das vítimas de violencia de xénero, en especial, ao referido aos plans de inserción sociolaboral efectiva.

Entenden no BNG que regular a prostitución significa aceptar a explotación sexual como unha categoría laboral, como unha saída aceptábel para calquera muller en situación desfavorábel motivo polo que, entre outros moitos, defenden a abolición da prostitución.

Jessica García, BNG

Dende AER apoiaban a moción e amosaban a súa preocupación pola existencia de prostitución en Redondela “o que significa que detrás hai mafias e proxenetas”. Daniel Boullosa amosaba o seu apoio ás palabras da representantes nacionalista e lembraba que é insignificante a porcentaxe de mulleres que exercen a prostitución de xeito voluntario.

Daniel Boullosa, AER

Pola súa banda, os socialistas afirmaban ser conscientes da existencia de prostitución no nosos concello e afirmaban ser “claramente abolicionistas” situándose “radicalmente ao carón das vítimas e en contra dos proxenetas”. Apuntaba a edil de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, que dende o seu departamento xa se está a traballar con diferentes medidas de apoio as mulleres nesta situación.

Iria Vilaboa, PSOE

O PP foi o único partido que non apoio a proposta malia asegurar que están completamente a favor de declarar Redondela libre de trata de mulleres, nenos e nenas con fins de explotación sexual. Sandra bastos argumentaba a súa abstención por solicitar un dos puntos da proposta que se instara a Xunta a incluír ás vítimas de trata no marco de axudas das vítimas de violencia de xénero “algo que xa se está a facer”.

Sandra Bastos, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará