Os nacionalistas presentan unha moción ao pleno de hoxe xoves (Multiúsos da Xunqueira, 20:00 horas) no que solicitan o apoio de todos os grupo co fin de declarar Redondela libre de trata de mulleres, nenas e nenos con fin de explotación sexual.
Lembran que unha sociedade que acredita firmemente na igualdade entre homes e mulleres, non pode consentir o sometemento no que se atopan as mulleres dentro do sistema prostitucional que é ademais un modo de violencia machista sendo as mulleres mercadas para satisfacer o privilexio masculino.
Entenden no BNG que regular a prostitución significa aceptar a explotación sexual como unha categoría laboral, como unha saída aceptábel para calquera muller en situación desfavorábel motivo polo que, entre outros moitos, defenden a abolición da prostitución.
Os nacionalistas reclaman o apoio do resto dos grupo para que ademais de declarar o concello libre de prostitución, dende o goberno local se comprometan a elaborar campañas para sensibilizar e difundir a importancia da erradicación da prostitución. Solicitan tamén que se reforce a través dos servizos sociais a e do CIM a atención integral ás mulleres en situación de prostitución e que se inste ao a Xunta á inclusión das mulleres vítimas de trata identificadas na Galiza no marco de axudas das vítimas de violencia de xénero, en especial, ao referido aos plans de inserción sociolaboral efectiva