Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociación deportiva C.A.R., un club de atletismo que vai a máis

car

O atletismo conta en Redondela cun club que naceu oito anos atrás co obxectivo de fomentar este deporte no municipio para as persoas “de todas as idades”. Era o inicio do Club de Atletismo de Redondela (C.A.R.). Ao longo deste anos confirmáronse como unha aposta importante dentro das disciplinas que se practican no concello. Un logro no que ten moito que ver a escola deportiva, que crece ano tras ano e que neste curso conta xa, á espera de que arranque o vindeiro día 16, con 70 rapaces e rapazas inscritas. Todo un éxito, segundo explica Manuel Ulla, xa que o ano pasado eran 54. Outra das características dos seus participantes é que se divide practicamente ao 50% a presenza de nenos e nenas o que fomenta tamén a igualdade no deporte.

Manuel Ulla

Ulla explica que as dinámicas de adestramento son moi diversas “dende os máis pequenos que está enfocado ao xogo a través do atletismo e xa os maiores ademais de correr poden realizar salto de altura, de lonxitude, xabalina, lanzamento de peso, o que permite que se adapte a calquera perfil”.  

O atletismo engloba moitas disciplinas

A actividade está aberta aos nacidos entre os anos 2005 e 2015 (rapazada de entre 6 e 17 anos) e desenvólvese nas instalacións do instituto Illa de San Simón “porque é o espazo que mellor se adapta a esta disciplina e porque existe un proxecto por parte do Concello de instalar alí unhas pistas deportivas de atletismo”.

Instalacións do Instituto Illa de San Simón

Dende o Club animan aos interesados neste deporte a participar e achegarse este mesmo sábado a presentación da tempada que terá lugar ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará