Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén celebra o trofeo de fútbol sala co partido Santiago Futsal-Pazos

pazosfs

Tras a suspensión da edición ano pasado pola pandemia, o pavillón municipal de Pazos de Borbén acolle novamente este sábado o V Trofeo Municipal de Fútbol sala. O partido comezará a partir das 16:30 horas e enfrontará ao equipo local, os Pazos Fs, e ao histórico club de fútbol sala da capital galega, o Santiago Fútsal.

O acceso ao partido estará regulado polas medidas anticovid vixentes polo que será necesario inscribirse previamente no teléfono 986 598 184 en horario de mañá. Ademais, aconséllase acudir ao recinto con suficiente antelación para evitar a formación de colas de espera no control de temperatura da entrada.

O edil de deportes, Francisco Amoedo, destacou o recoñecemento que supón para o deporte local o poder recibir ao club de fútbol sala máis laureado de Galicia. “O referente no fútbol sala galego é sen dúbida o Santiago Fútsal. Con 15 anos seguidos na elite é o mellor exemplo a seguir para todos os clubs e para nós é toda unha honra poder recibilos e que nos permitan competir cos mellores”, destacou o edil. Do mesmo xeito, o presidente dos Pazos FS, Manuel Ferreira, explicou que se trata do último partido da pretemporada do equipo Santiagués, “un orgullo, porque significa que ven no noso equipo o nivel suficiente como para darlles ese punto final de competitividade que necesitan antes do inicio da súa competición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará