Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova concentración contra Aucosa

aucosa

A Plataforma en defensa da Enseada de San Simón xunto cos colectivos veciñais de Chapela e Cedeira retoman este venres as mobilizacións para esixir que as administracións actúen ante “os vertidos e fedores” da planta conserveira. A concentración será ás 20:00 horas na baixada a Aucosa

Aseguran que ao longo deste ano levan realizado 17 denuncias ás administracións competentes por vertidos visibles ao mar e 29 denuncias por cheiros insoportables. A maiores lembran que a empresa instalou unha Planta de almacenaxe e regasificación de Gas Natural Licuado, sustancia clasificada perigosa pola lexislación debido ao risco de se producir accidentes graves.

Antonio Lores, membro da Plataforma entende que “é inaudito que sigamos denunciando ano tas ano esta situación sen que as administracións actúen para obraigar a esta empresa a cumprir a lei”.

A problemática chegou ao Parlamento de Galicia e tamén ao Congreso dos Deputados pero “ningunha institución da sinais de estar actuando para implantar a lei e as normativas, restaurando plenamente os dereitos constitucionais a saúde, ao medio ambiente saudable e a seguridade para a vida e ao traballo que están sendo vulnerados permanentemente por AUCOSA”.

Por este motivo, a veciñanza decide saír unha vez máis a rúa para chamar a atención e reclamar do Concello, Xunta e Goberno Central, que se cumpra a lei e mesmo as directrices de organismos implicados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará