Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convoca o I Premio Sesé Mateo ás boas prácticas no xornalismo sobre violencia machista

premiossesemateo

O certame, dotado con 1.500 euros, quere ser un recoñecemento as e os profesionais que, ademais de informar sobre a violencia machista, fuxan do sensacionalismo e coiden a intimidade das vítimas. Os traballos deben presentarse antes do vindeiro 30 de setembro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada de Joshua Mateo –fillo de Sesé Mateo– e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron a primeira edición do Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, un certame que “nace con vocación de continuidade” e co que se pretende recoñecer publicamente “a ética á hora de tratar informacións tan delicadas como as relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e das persoas sobreviventes máis vulnerables”.

Joshua Mateo

Un premio que quere ser tamén “un recordatorio permanente ás vítimas da senrazón que é violencia machista, unha das maiores lacras da sociedade” e dar a coñecer “o traballo de aqueles e aquelas que, a través dos seu traballo xornalístico “poñen o seu gran de area por conseguir unha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis decente”.

Redondela, lembrou a alcaldesa, “foi sempre un referente en igualdade e na loita contra a violencia machista, a creación destes premios en memoria a Sesé Mateo, son outro paso máis na loita diaria para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres”. No xornalismo, engadiu Rivas, “é moi doado caer en tópicos e sensacionalismos á hora de informar sobre a violencia contra as mulleres e consideramos que era preciso premiar a aqueles e aquelas que, conscientes da gravidade da situación, evitan calquera tipo de sensacionalismo antepoñendo a ética profesional a calquera outra consideración”.

O Premio está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios escritos (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), radio ou televisión, entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021 e que deberán ser presentados antes do 30 de setembro do 2021.

Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou castelá, valorándose con maior puntuación os realizados en lingua galega por ser o seu uso minoritario no ámbito xornalístico e tendo en conta que “Redondela foi sempre pioneiro no uso, potenciación e espallamento da lingua galega”

As bases ao completo, poden consultarse aquí.

Un premio que é tamén un recoñecemento especial a memoria de Sesé Mateo, unha veciña de Chapela, muller feminista e militante na defensa das liberdades, que foi asasinada en 2017 pola súa exparella, nun crime que deixou, ademais, sen fogar á súa familia durante meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará