Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe a Digna Rivas que convoque os Consellos Parroquiais

consellos

Os nacionalistas condicionan calquera acordo co goberno do PSOE a que se convoquen estes órganos consultivos dos que forman parte asociacións e colectivos veciñais. Un dos temas máis urxentes a abordar nestes Consellos, ao entender do BNG, sería o destino dos orzamentos participativos, uns trescentos sesenta mil euros que deberían ser invertidos nas parroquias nestes dous últimos anos.

A volta a unha “prudente normalidade” debe afectar a todos os eidos da actividade política do Concello de Redondela, na que se debe incluír a convocatoria dos Consellos Parroquiais, despois de ano e medio de inactividade. Así o entenden dende o Bloque Nacionalista Galego, para quen estes órganos de participación veciñal constitúen o mellor instrumento para realmente coñecer as necesidades e demandas das diversas parroquias.

Pola súa banda o voceiro nacionalista, considera que Digna Rivas, debe ir máis alá dos anuncios de facilitar os teléfonos de concelleiros e concelleiras ou de visitas a distintas parroquias. “Se realmente cre na participación veciñal, debe convocar ao longo do mes de setembro estes órganos conformado por colectivos, asociacións e forzas políticas”.

Recorda González, como dende o mes de marzo, non se celebran ningún dos once consellos parroquiais, “situación á que se lle debe por punto e final”, co obxectivo de que o goberno municipal teña un bo coñecemento da situación das diversas parroquias.

Entende que nestes Consellos cómpre expoñer propostas como a situación das Comunidades de Augas, e Montes, a recuperación da actividade cultural parroquial, a problemática de Aucosa, ou da Ampliación da Autoestrada.

Un dos temas que o goberno de Digna Rivas debe explicar, segundo Xoán Carlos González, nestes Consellos é o destino dos Orzamentos Participativos deste ano e do pasado. “Conxelados dende 2019, por un acordo PP e AER, non houbo vontade do PSOE de suprimilo. Débese aclarar aos colectivos onde se investiron esas partidas, e que vai  pasar no futuro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará