Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas de portas abertas no Conservatorio

conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música Víctor Ureña de Redondela realiza hoxe e mañá, desde as 11.00 horas, as probas de acceso ao grao elemental dirixidas a todos os nenos de 8 a 14 anos de idade interesados en iniciar os seus estudos musicais de forma oficial. As especialidades ofertadas son frauta traveseira, trompeta, trombón, tuba, bombardino, trompa, saxofón, clarinete, violín, percusión e piano.

Por outra banda, na Escola de Música Municipal, as persoas de todas as idades poden matricularse nunha ampla variedade de instrumentos, ademais de clases de canto moderno. Outra das ofertas é música e movemento para nenos desde 3 anos e conxunto instrumental para nenos de 5 e 6 anos. O prazo de matrícula xa se atopa aberto.

Para os interesados en iniciar os seus estudos tanto no Conservatorio como na Escola de Música, o centro realizará até o próximo día 8 xornadas de portas abertas en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará