Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo polígono industrial na zona de Arrufana ocupará terreos de Redondela e Mos

polígono industrial

A Xunta habilita preto de 500.000 metros cadrados de solo industrial ante a crecente demanda de superficie por parte de empresas interesadas en asentarse na zona. Este novo desenvolvemento é un dos previstos na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, actualmente en fase de avaliación ambiental e que se prevé aprobar de forma inicial no último trimestre deste ano. A maior parte dos terreos (371.710 m2 ) estarán en Mos e os 126.562 m2 restantes en Redondela.

Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se reuniu en Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e o presidente da Asociación de Empresarios do municipio (Aemos), Manuel Castro, para explicarlles o alcance que terá para esta zona a nova planificación na que traballa o seu departamento co fin de actualizar e redefinir as prioridades da Comunidade en materia de áreas empresariais.

“Dos 7 millóns de metros cadrados que imos planificar de cara ao futuro con esta modificación, 500.000 pertencen a Mos e Redondela. Porque hai demanda e porque tan só restan cinco parcelas por vender no polígono existente, o de Veigadaña”, explicou a conselleira, que recoñeceu que esta é unhas das “áreas estratéxicas” desde o punto de vista empresarial polas que aposta a Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará