Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno en minoría do PSOE reparte as concellarías trala saída de AER

Digna Rivas, alcaldesa

A saída de AER do equipo de goberno deixa ao executivo local en minoría con sete concelleiros, fronte aos 14 do resto de formacións na oposición (PP, AER, BNG).  Os concelleiros de PSOE asumiron as competencias que, ata onte, dirixían os edís de AER: Medio Ambiente, Cultura e Turismo e Novas tecnoloxías e Participación Cidadá entre outras responsabilidades.

Co novo reparto, a edil de Servizos Sociais e Igualdade, Iria Vilaboa, asume a Concellería de Cultura  un dos departamentos de maior visibilidade dentro do organigrama do concello.

Pola súa banda, a tenente de alcalde e responsable de Urbanismo e Facenda, María Castro suma ás súas responsabilidades o departamento de Turismo.

Medio Ambiente queda en máns de Alberto Alvárez, quen ata o de agora contaba coas concellerías de Persoal, Parques e xardíns e Limpeza viaria.

A responsable de Ensino e Xuventude, Olga García Ballesteros será a nova concelleira de Novas tecnoloxías, Participación Cidadá e Transparencia.

A alcaldesa, Digna Rivas, recoñece que gobernar con sete concelleiros non será doado pero se compromete a “traballar arreo para levar adiante os proxectos nos que están a traballar” e insiste en que a nova situación “non vai supoñer ningunha problemática para a veciñanza porque imos traballar máis duro e con máis gañas ca nunca”.

Pide da oposición que “fagan o seu traballo de xeito responsable, porque o contrario sería ir non en contra do PSOE senón en contra dos veciños e veciñas”.

Rivas agradece aos concelleiros de AER “o seu traballo e a súa implicación” nestes máis de dous anos de goberno e asegura non arrepentirse de ter retirado as competencias da limpeza das praias a Roberto Villar, feito que suporía a ruptura da coalición “ante todo débome á veciñanza de Redondela e o que fixen foi para defender os seus intereses”.

Conclúe afirmando que “non me preocupa unha moción de censura, só me preocupa sacar adiante os proxectos que estamos xestionando”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará