Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Fábulas da montaña de Larraitz Urruzola abre o Festival de Títeres

larraitz

Baseada nas fábulas orixinais de Concepción Arenal, este espectáculo quere render homenaxe a esta escritora, xornalista e activista social galega de gran relevancia universal e unha das figuras indispensables do panorama humanístico do século XIX. A actuación será ás 20:00 horas no Multiúsos e, como para o resto dos espectáculos do Festival de Títeres, tanto de rúa como de sala, o aforo está xa completo.

En Fábulas da montaña, Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Armaño, Cantabria, trala morte do seu pai. Alí, na convivencia cos animais da casa e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro “Fábulas en verso orixinais”.

Larraitz Urruzola fálano do espectáculo As fábulas da montaña

En escena, a actriz-titiriteira Larraitz Urruzola e a pianista Merran Laginestra. Larraitz dá vida a Concepción Arenal, que cos títeres da súa saia-teatriño presenta momentos da súa mocidade e episodios das súas fábulas. Merran Laginestra, no papel de amiga da escritora, interpreta en directo temas populares e de Marcial de Adalid, compositor galego coetáneo da ferrolá e alcumado “O Chopin Español”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará