Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As entradas para o Millo Verde, practicamente esgotadas

Millo Verde

En menos dunha semana o Festival xa vendeu boa parte das entradas para os concertos que se van desenvolver na praia de Cesantes do 17 ao 19 de setembro. Para o sábado están xa vendidas a totalidade das entradas. Aínda hai posibilidade de lograr un oco para os concertos do venres e o domingo a través da billeteira virtual

A situación sanitaria obriga aos organizadores a establecer un aforo limitado e, por primeira vez, porán entradas á venda “a prezos razoables”. En concreto, asistir aos concertos do venres custa 10 euros, 15 euros é a entrada para o sábado e tan só 5 euros é o que terán que pagar os que estean interesados en asistir a proposta musical do domingo. O obxectivo destas medidas é limitar a cantidade de público e cubrir parte dos gastos do festival. En función da situación sanitaria teñen estimada a participación de entre 400 e 500 espectadores.

O cartel do venres 17 de setembro ofrece os concertos dos galegos Rebeliom do Inframundo e o grupo francés The Fat Badgers, ademais dos gañadores do seu concurso de maquetas, the Lelli Kelly’s. O sábado a representación galega correrá a cargo de Zeltia Irevire e Terrae, que se alternarán no escenario con Ombligo e a cantante arxentina La Yegros. O festival péchase o domingo con María Ruiz&La Mare, a cantante viguesa High Paw e o grupo Pillabands.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará