Hoxe é Luns 29 de Novembro de 2021
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Susana Seivane en Arcade

seivane

A gaiteira galega actuará este domingo 29 de agosto ás 20:30 horas no Peirao de Arcade dentro do programa Musigal 2021. Unha actividade de balde que permitirá aos espectadores gozar coa música desta gran gaiteira galega que conta cun estilo musical propio no que mestura o tradicional dos antigos gaiteiros e gaiteiras, mais incorporando ás veces influencias doutras músicas.

Susana Seivane pertence a unha familia recoñecida dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de Galicia, a familia Seivane. Ten cinco discos editados e acostuma facer xiras anuais polo territorio europeo (Francia, Holanda, España, Escocia, Portugal, Alemaña, Italia…) e americano (Bos Aires, Río da Prata, Estados Unidos).

Este concerto que dará en Soutomaior encádrase dentro do programa “Musigal” 2021  para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *