Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte para todas as idades co torneo “Memorial Sesé López” e a Carreira popular infantil

CarreiraInfantil

Redondela prepárase a vivir unha fin de semana chea de deporte cos partidos dos abertos de tenis e pádel “Memorial Sesé López” que se disputarán nas pistas municipais. O aberto de tenis, que comezaba os seus encontros o pasado día 21, entra na súa recta final para todas a súas categorías (feminina absoluta e dobres e masculina +45, absoluta e dobres) para rematar coas finais o domingo 29.

No que ao aberto de pádel fai referencia, disputarase os días 27, 28 e 29 de agosto tanto nas categorías feminina (1ª e 2ª) como na masculina (1ª, 2ª e 3ª)

Carreira popular infantil

Doutra banda o sábado 28 de agosto, a partir das 19:30 horas, terá lugar a Carreira Popular Infantil con categorías que irán dende a Sub8 á Sub18. A proba, organizada pola Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, conta coa colaboración da Asociación Deportiva CAR (Club Atletismo Redondela), nace coa idea deter continuidade nos vindeiros anos co obxecto de que a rapazada coñeza e participe do bo ambiente que se respira nesta disciplina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará