Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os cribados nos campamentos de conciliación detectan tres positivos

Camoamentos de conciliación

O Sergas detectou tres positivos por Covid nos cribados realizados ao longo da semana pasada nos campamentos de conciliación que se están a realizar nas diferentes parroquias de Redondela. Os resultados das PCR realizadas – un total de 194- deixaron tres positivos, un no campamento de Laredo e outro no que se desenvolve no colexio de PortoCabeiro. O terceiro detectouse no campamento de iniciación os deportes acuáticos realizado na praia de Cesantes

Uns cribados solicitados dende o Concello xa no inicio dos campamentos a principios do mes de xullo co obxecto de garantir a saúde dos participantes e ante o incremento de casos activos por coronavirus que estaba a sufrir o municipio.

Digna Rivas, alcaldesa

Dende o Sergas ofrecéuselle aos nenos e nenas participantes nestes Campamentos, así como as súas familias a posibilidade de inscribirse e participar nestes cribados voluntarios que se realizaron finalmente ao longo da semana pasada. Foron un total de 194 probas, que deixaron tres positivos concretamente nos centros de Laredo en Chapela, no de Porto Cabeiro e no campamento de verán da praia de Cesantes.

A alcaldesa Digna Rivas, quixo agradecer a colaboración da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo á hora de desenvolver estas probas ao mesmo tempo que facía un chamamento á cidadanía “a non baixar a garda” e seguir actuando “coa responsabilidade que, veciñas e veciños, amosaron nos tempos máis críticos desta pandemia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará