Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela oferta 240 prazas nos campamentos de conciliación de verán

concilia21

O programa, organizado pola concellería de Igualdade, desenvolverase os meses de xullo e agosto nos colexios das parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela.

O departamento que xestiona a alcaldesa Digna Rivas ten aberto o prazo de inscrición ata o 14 de xuño. A iniciativa pretende que a veciñanza poida compaxinar a vida laboral e familiar, ao tempo que os rapaces poden gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival. A actividade é de balde, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Como novidade para esta edición 2021, a concellería de Igualdade ofrece a posibilidade de inscribirse por quincenas, en lugar de facelo por meses enteiros. O novo sistema permite que participen un maior número de menores “e aténdase ás necesidades de conciliación de máis familias”. O programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en centros educativos das parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela, ofertándose un total de 240 prazas. Nese sentido Rivas subliñou que esta distribución de emprazamentos “permite achegar á iniciativa ás parroquias e ofrecer ás nenas e nenos espazos abertos que supoñen unha garantía na actual situación de pandemia”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e responsable da concellería de Igualdade

O número de prazas estará suxeito á normativa e medidas ditadas polas autoridades saniarias polos protocolos Covid-19, podendo sufrir variacións. O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Na adxudicación das prazas terán prioridade os rapaces cuxos proxenitores estean a traballar nos meses de verán “por necesidades reais de conciliación”.

Terán prioridade os rapaces cuxos proxenitores estean a traballar nos meses de verán

O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de xuño, e pode realizarse no Concello de xeito presencial ou a través da páxina web www.redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará