Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día do Medio Ambiente con rutas en Chapela, no Maceiras e Cesantes

díaMedAmb

Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente o Concello de Redondela oferta un programa de actividades para todos os públicos na mañá do sábado, 5 de Xuño. En Chapela será cunha ruta guiada polos muíños dos ríos Pugariño e Maceira. Denominada “A Chapela esquecida”. A saída será ás 9:30 dende o centro de saúde de Chapela. Esta actividade dará a posibilidade o participante de descubrir os lugares que agochan as marxes e leitos destes ríos. Descubrindo muíños ocultos, lavadoiros, camiños e sendas da Chapela máis descoñecida. A actividade estará dinamizada por Álvaro Diego, guía local.

Outra das saídas programadas é a ruta en kaiak pola enseada de San Simón ás 10:00 horas, con saída desde o porto de cesantes. Os participantes poderán coñecer a biodiversidade da enseada con parada na illa de San Simón. Esta actividade ten un custe de 15 euros

Tamén ás 10.00 será a ruta interpretativa do Río Maceiras, con saída dende o Salgueiral. No percorrido haberá láminas sobre a flora e a fauna do río Maceiras en diversos puntos. Tamén se presentarán as láminas gañadoras do concurso infantil “Museo ao aire libre” realizado polos alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Quintela.

Esculturas da biodiversidade en Cesantes

O sábado ás 12.30 horas presentarase as esculturas de biodiversidade en Cesantes. Os participantes poderán descubrir unhas esculturas de cinco especies da enseada de San Simón “que serán un novo atractivo na praia de Cesantes”. Nesta actividade desde a concellería de Medio Ambiente animan aos participantes a dar un paseo entorno natural antes da presentación que terá lugar a 100 metros do Hostal Antolín.

Todas as actividades teñen prazas limitadas. Máis información no enderezo turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará