Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recuperando os bolos celtas

bolos celtas

A Comunidade de Montes de Amoedo está a recuperar un xogo que en tempos tivo moito seguimento na comarca. Trátase dos Bolos Celtas. O campionato celebra este ano a súa segunda edición cunha cita que terá lugar o domingo 22 de agosto ás 11:00 horas na Carreira de Bolos da Chan. Confían en chegar aos 200 participantes.

O obxectivo deste campionato é recuperar a tradición do xogo dos bolos celtas, unha práctica deportiva que, segundo explican dende a Comunidade de Montes, era algo moi habitual hai 40 anos en Amoedo xa que había varias carreiras onde a xente se xuntaba os domingos para xogar “polo que a actividade conta cun gran significado deportivo pero tamén con moito arraigo social e cultura”.

Miguel Míguez, presidente Comunidade de Montes de Amoedo

Unha modalidade deportiva que tentan recuperar dende hai tres anos, cando a nova directiva chegou a presidencia da Comunidade. Nese momento eran tan so 4 os veciños de Amoedo que o practicaban e todos eles xa de idade avanzada. Neste tempo xa se logrou a participación de xente máis nova, tanto homes como mulleres. Precisamente para animar e dar a coñecer o xogo fixéronse actividades en colaboración co Colexio de Pazos para que os máis cativos tamén se acheguen a este xogo tradicional.

Confía en superar os 200 participantes

O ano pasado organizaron a primeira edición deste campionato logrando a participación de 60 persoas,sobre todo veciños de Amoedo e de Soutomaior. Unha cifra que confían superar este ano e chegar ata os 200 participantes.

Cada vez son máis os que se achegan a este deportes

Será unha xornada na que ademais de xogar aos bolos poderase gozar dun día de convivencia e gastronomía xa que se fixo coincidir a competición coas festas de San Roque. Haberá posibilidade de degustar polbo, paella e bebida no propio recinto no que en todo momento se respectarán as normas sanitarias impostas polo Covid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará