Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco renovará a súa equipación tras acadar un acordo de sponsor coa firma protuguesa Lacatoni Sports

Choco e lacatoni sports

O Club Deportivo Choco e a firma portuguesa comezan a súa andaina xuntos esta tempada na que haberá novidades na vestimenta dos xogadores e o corpo técnico, cun deseño exclusivo nos seus equipamentos.

Lacatoni Sports é unha marca especializada en todas as modalidades deportivas. Con sede en Braga, Portugal, viste a equipos de Primeira e Segunda División Portuguesa xunto a Seleccións Internacionais. Da man do Club Deportivo Choco fará a súa inmersión no mercado español.

O presidente da entidade deportiva, Iván Crespo, reuniuse na sede portuguesa con João Costa e João Soares, para facer efectiva dita firma. Tras a visita das instalacións, o presidente redondelano amosaba a súa satisfacción por un acordo cunha marca con moita presenza no mundo do fútbol e ademais “porque en deseño están no primeiro nivel, axudándonos a manter unha boa imaxe dos nosos equipos”. Apunta neste sentido que un dos propósitos do club choqueiro desde esta tempada era a mellora da imaxe “cremos que transmitir unha boa imaxe é fundamental nestes tempos. O club deportivo choco ten unha identidade deportivamente falando, pola nosa filosofía e valores,  e desde esta tempada esa identidade tamén se reflectirá na uniformidade de todos os nosos xogadores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará