Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folk de Tr3s por C4tro na alameda Castelao

Tr3sporc4tro

Este domingo, 15 de agosto, a programación cultural continúa en Redondela coa música tradicional e folk da banda Tr3s por C4tro na alameda Castelao a partir das 21.00 horas. A formación, con músicos da bisbarra, naceu no ano 2017 para poñer en valor o repertorio de composicións dun gaiteiro de Soutomaior, Paco da Fonte, e tamén de músicas sudamericanas. Ofrecen unha viaxe polo mundo, cantando e bailando. Xunto a da Fonte, están Vento de Ventosela, acordeonista e vocalista, Carlos o do Viso, zanfona, mandola e voz, e Alberto López, percusionista.
A actuación é de balde ata completar aforo e o público asistente terá que estar sentado e cumprir as normas sanitarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará