Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pequenos xestos para evitar grandes problemas

CampañaSumidoiros

Saber con certeza o que pode botarse polos desaugadoiros das vivendas e o que non, é o obxectivo dunha chamativa campaña da concellería de Medio Ambiente. Para iso instalou na Xunqueira un punto informativo sobre o saneamento das vivendas. A iniciativa pretende evitar que residuos contaminantes acaben nos ríos e no mar. No aparcadoiro da Xunqueira pode verse a instalación, que recrea un vertedoiro e un váter xunto cuns carteis nos que se poden ler as instrucións para utilizar correctamente estes elementos domésticos. Deste xeito “podemos alongar a súa vida e evitar problemas medioambientais”, explican desde o Concello. Baixo o lema “Pequenos xestos que evitan grandes problemas” e de xeito moi didáctico, o punto informativo explica á veciñanza que residuos non se deben tirar polo váter ou polo vertedoiro. A campaña pretende non só evitar problemas de atascos nas propias vivendas “senón que certos residuos altamente contaminantes, como toalliñas, compresas ou cabichas, acaben nos ríos e na contorna natural provocando problemas medioambientas e sanitarios”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará