Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paseos para coñecer os tesouros naturais de Redondela

FaiaCesantes

A Concellería de Medio Ambiente organiza este mes de agosto media ducia de visitas guiadas para coñecer os espazos naturais da enseada de San Simón e o río Maceiras. Paseos, tanto diurnos como nocturnos, para coñecer fermosos lugares do litoral de Cesantes e do rego do Maceiras. Da man dos expertos de Faia Educación Ambiental, os participantes descubrirán a fauna e flora destes espazos, toda a súa biodiversidade e a riqueza que iso supón. Son paseos que se fan “de vagar”, como explica o guía Marcelo Rodríguez “para coñecer o medio e o patrimonio natural que agocha”. No caso do litoral de Cesantes haberá dúas visitas en horario de 10.00 a 13.00 horas os sábados 7 e 14 de agosto, e outras dúas nocturnas, o 12 e 21 de agosto de 21.30 a 23.30 horas. A praia da Punta e a enseada de San Simón son as protagonistas destas saídas. Un espazo “moi fermoso” como apunta Rodríguez, e dunha gran riqueza natural “que debemos coñecer e conservar”.

Marcelo Rodríguez, de Faia Educación Ambiental, fala do patrimonio natural de Cesantes

As rutas guiadas polo rego do Maceiras serán o 20 e 27 de agosto, ás 21.30 horas. Neste caso os participantes poderán coñecer a flora e fauna deste pequeno río, que malia ser estreite e cun curto percorrido, acolle unha flora e fauna moi interesantes. Un bosque de ribeira e especies como a lontra son algúns dos tesouros que agocha.

O rego do Maceiras conta cun interesante bosque de ribeira e especies animais como a lontra

As actividades son de balde, para público de todas as idades, e con prazas limitadas. Para participar nas andainas é preciso levar unha lanterna, unha toalla ou calzado específico. Máis información e reservas no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13 en horario de 10.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará