Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O certificado Covid, un novo atranco para a hostalaría

Covid certificado

Desde o pasado sábado, cando Redondela entrou no nivel alto de restricións, hostaleiros e clientes teñen que enfrontarse a unha nova esixencia. A Xunta establece que nestes municipios, igual que os que están en nivel máximo, só se pode consumir no interior dos locais amosando un destes tres documentos: o certificado de vacinación coa pauta completa, unha proba negativa de Covilhã realizada nas 72 horas anteriores, ou a acreditación de que se pasou a enfermidade. Os profesionais do sector no municipio lamentan que unha vez máis sexa a hostalería a que sofre as peores consecuencias desta quinta onda. Santi Figueroa, da Asociación de Hostalaría Rías Baixas, apunta que se trata de “máis traballo”, xa que alguén do persoal ten que comprobar eses certificados, ao tempo que dubida da eficacia da medida. “Estar vacinado ou ter un test negativo non garante que no momento de entrar no local non sexas portador do virus e poidas contaxiar”, sinala. Figueroa pensa que a administración “está a utilizar á hostalaría para obrigar a que a xente se vacine, despois de todo o que xa temos sufrido no sector”.

Santiago Figueroa, da Asociación de Hostaleiros Rías Baixas

Recoñece que este novo requisito, que xa entrou en vigor esta pasada fin de semana, “non colleu por sorpresa á clientela”, xa que estaba implantado noutros municipios veciños como Vigo desde había días. E malia que moitos clientes acudiron aos locais co seu certificado, a nova medida tamén supuxo cancelacións de reservas. “Se un grupo de 5 ou 6 amigos vai ir cear e un deles aínda non está vacinado, non poden entrar ao local”, explica o propietario do 78 Gastrobar. Denuncia que esta situación supón “unha ferida máis” para o sector, a piques xa de “desangrarse” logo de ano e medio sufrindo as restricións máis duras da pandemia.

O hostaleiro redondelán afirma que esta nova medida supón “unha ferida máis” para un sector moi castigado

As persoas sen certificados Covid si poden consumir nas terrazas. Tamén poden acceder ao interior dos locais para acceder a outra zona exterior ou ir ao baño. A Consellería de Sanidade aclara que o obxectivo é evitar que nos interiores haxa xente sen máscara “mentres comen e beben” pero si poden entrar para utilizar o servizo, por exemplo “sempre que leve a máscara posta, como é obrigatorio para todo o mundo en lugares pechados”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará