Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alcoholemias e incumprimentos das normas Covid

POLICIA

Fin de semana con múltiples actuacións por parte da Policía Local e Nacional. Redondela entraba na madrugada do sábado no nivel alto de restricións e os controis realizados por parte dos axentes saldáronse con varios detidos.

Na noite do sábado foi detido un home que estaba a molestar aos clientes dun bar no centro da vila, e que se enfrontou aos axentes, ademais de negarse a poñer a máscara. Foi trasladado á comisaria da Policía Nacional. Esa mesma noite dous condutores foron sancionados por arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia.

Na noite do venres ao sábado foi detido un varón por agredir aos axentes. Foi preto da 01.30 da madrugada, logo de que a policía recibise varias chamadas queixándose dun local do casco urbano que permanecía aberto e cos clientes sen respectar as medidas sanitarias. Os axentes identificaron ao responsable, que tras negarse a facer uso da máscara enfrontouse aos axentes e golpeou a dous policías. Finalmente foi detido e trasladado á comisaria da Policía Nacional.

Sen ITV, sen carné e positivo en alcol

Un condutor foi denunciado na tarde do pasado venres por circular polo centro da vila coa ITV caducada, sen permiso para conducir e cun resultado positivo nas probas de alcoholemia.

Nun control realizado de madrugada foron sancionados outros tres vehículos por non ter a ITV ao día, un condutor por falta de respecto aos axentes, outros dous por por tenza de sustancias estupefacientes.

Lembrase que Redondela atópase en nivel alto de restricións. Entre outras cousas, están prohibidas a reunións de non conviventes dende a 01 as 06 da madrugada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará