Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas guiadas para coñecer a Fervenza da Feixa e o Monte Penide

Rutas30

Os amantes da natureza teñen dúas citas mañá venres. A concellería de Medio Ambiente organiza dúas rutas guiadas para coñecer algúns dos tesouros naturais de Redondela. A primeira das citas é unha saída divulgativa na Fervenza da Feixa.Coas explicacións dos técnicos de Faia Educación Ambiental, os participantes poderán coñecer historias sobre a formación dos ríos e dos bosques nesta paraxe única. A contorna da fervenza da Feixa conta cunha interesante vexetación de ribeira. A saída da ruta será na área de lecer da Feixa, ás 20.00 horas.A segunda proposta é unha ruta nocturna para coñecer espazos naturais e lendas de San Vicente de Trasmañó. O percorrido discorrerá entre muíños, regatos e fervenzas polos carreiros do Monte Penide. Da man do guía local Álvaro Diego, os participantes poderán gozar das vistas do miradoiro da Poza da Lagoa e coñecer algunhas das lenda deses lugares naturais. É preciso levar unha lanterna e calzado cómodo. A saída será ás 21.30 horas, desde o campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó.As dúas actividades son de balde, con prazas limitadas. Información e inscricións no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará