Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela terá que devolver 7.000 euros á Xunta por horas non empregadas no CIM

CarmenAmoedo

O PP calcula que o Concello de Redondela perdeu máis de 100.000 en subvencións do departamento de Servizos Sociais. A voceira, Carmen Amoedo, sinala tamén que terá que devolver á Secretaría Xeral de Igualdade 7.057 euros da axuda concedida ao Centro de Información á Muller (CIM). Amoedo explica que se trata de “horas non empregadas polos servizos de psicoloxía, igualdade e pola asesoría xurídica, que estivo sen avogada durante máis de 9 meses”. A concelleira do PP culpa desta situación ao “desinterese” de Digna Rivas, alcaldesa e concelleira deste departamento. Os populares lamentan que a demora nas solicitudes por parte do Concello de Redondela á Xunta “impediu que varias vítimas de violencia de xénero poidan acceder a un traballo”. A líder da oposición di que a Xunta aprobou unha axuda de 109.227 euros “para a contratación durante un ano de catro mulleres que sufriran agresións machistas”. A axuda, segundo Amoedo “solicitouse moi tarde o cal, ao tratarse dunha subvención de concorrencia competitiva, deixou a Redondela sen ela: o noso Concello está no número 43 dunha lista de espera de 60 localidades”. Para o grupo popular a xestión de Digna Rivas á fronte de Servizos Sociais “é un completo desastre”, e denuncia que “deixou sen gastar case 98.000 euros dos 115.000 que tiña para programas sociais”. Para Amoedo o máis grave é que dos 80.000 euros destinados polo Concello a subvencións de Emerxencia Social “unicamente dispuxo de 17.000, durante os meses de especial dureza a causa da pandemia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará