Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan melloras no edificio de Protección Civil

ProteccionCivil

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, amosou a “preocupación” da súa formación pola situación de Protección Civil de Redondela “polas carencias do edificio e de equipamento” neste servizo. González mantivo un encontro coa directiva de Protección Civil de Redondela, unha agrupación da que forman parte 50 voluntarios e voluntarias. A súa base está nun edificio en Vilavella, a carón da N-552. O concelleiro do Bloque lembra que durante a pandemia este servizo foi dos que estivo en primeira liña, e continúan desenvolvendo un labor “fundamental” en aglomeracións de xente, como no caso da celebración da feira. González recolleu as demandas da agrupación, e comprobaron que existe “unha importante carencia tanto en equipos, como en mantemento do edificio, con vestiarios pequenos, ausencia de ximnasio e falta de illamento térmico do edificio”. González xa trasladou ao goberno local “a necesidade de abordar unha reforma do edificio”, e de cara aos orzamentos municipais solicitan unha partida “relevante” para realizar estas obras.

Coordinación dos Servizos de Emerxencias

Representantes da Agrupación Local de Protección Civil puxeron enriba da mesa “a necesidade de mellorar na coordinación dos distintos servizos de Emerxencias que actúan no Concello de Redondela”. Advirten que se trata de voluntarios e voluntarias “que deciden compartir parte do seu tempo para realizar actividades de apoio a situacións potencialmente de risco”, cuestión que o BNG “pon en valor”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará