Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Néstor Rego: “Reclamamos que se retiren as cabinas da peaxe, de anuncios xa estamos fartos”

REgoREdondelaFoto

O deputado do BNG, Néstor Rego, visitou onte Redondela para explicar as iniciativas que o grupo nacionalista está a levar a cabo no Congreso. Entre eles os compromisos acadados para a rebaixa das peaxes na AP-9 e a liberación das portaxes no tramo Vigo-Redondela. “Agora o Goberno do Estado segue sen aclarar como vai levar adiante esta gratuidade, seguimos reclamando que cumpran co acordado e que retiren as peaxes, non podemos pasar por unha solución que obrigue á veciñanza veciñas a utilizar aparellos de tele-peaxe para o pagamento” reivindica Rego. Lembra que o compromiso das rebaixas na autoestrada e a supresión da peaxe en Rande debería terse feito efectiva en xaneiro, coa aprobación dos orzamentos xerais do Estado. O último anuncio do goberno adía os descontos ao mes de agosto. Rego esixe que se fagan efectivos xa, “de anuncios xa estamos un pouco fartos”, sinala.

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso

Por outra banda, destaca o proxecto de humanización do tramo da autoestrada que atravesa a AP-9 por Chapela. Esixen ao Ministerio que realice todas as actuacións pendentes co obxectivo de humanizar o tramo entre Redondela e Vigo. Rexeitan o proxecto de construír pantallas acústicas de formigón. “Débense instalar pantallas acústicas que sexan lixeiras visualmente, que se integren no entorno, non poden servir para dividir aínda máis o barrio” subliña o deputado.

O BNG demanda a humanización do tramo da AP9 entre Redondela e Vigo e pantallas acústicas “integradas no entorno”

O concelleiro Xoán Carlos González criticou que aínda sen facer todas as obras de reposición e mellora comprometidas, como a ampliación do paso elevado de Trasmañó, a reposición da vía paralela á autoestrada e mesmo o paso peonil elevado no camiño de Mouriño.

O concelleiro Xoán Carlos González criticou que aínda están sen facer as resposición e melloras comprometidas

Desde o BNG lembran que o obxectivo final é a transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada AP-9, e Rego asegurou que seguirá a traballar desde a cámara baixa para “conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes”.

O deputado nacionalista tamén salientou a loita do BNG para exixir “unha transición xusta” nos concellos afectados polo fechamento das centrais térmicas e pola revisión do modelo de produción de enerxía. “Apostamos por un modelo de produción enerxética que garanta a preservación do noso territorio fronte ao espolio das grandes multinacionais, tal e como o estamos a ver agora cos múltiples macroproxectos eólicos que ameazan o noso medio natural, o noso mar e o noso patrimonio” sinalou Rego durante a intervención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará