Hoxe é Sábado 16 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

A Concellería de Medio Mariño comeza os traballos de limpeza de praias

LimpezaPraia

A primeira hora desta mañá comezaron os traballos de retirada de algas da praia de Cesantes, tarefa a cargo da concellería de Medio Mariño que acaba de asumir Ignacio González. A alcaldesa Digna Rivas delegou onte estas competencias no departamento que dirixe o concelleiro socialista “para dar resposta ás reclamacións da veciñanza sobre a limpeza dos areais”. Desde o Concello de Redondela explican que estas labores están enmarcadas “dentro dun plan global de adecentamento dos areais do municipio”, traballos que se realizan co apoio dunha máquina cedida pola Deputación de Pontevedra. A limpeza de praias, ata agora realizada pola Concellería de Medio Ambiente que dirixe Roberto Villar, era motivo de discrepancias entre os socios de goberno. Rivas sinala que “á vista das continuas protestas veciñais polo estado dos areais e a proliferación de algas” decidiu revogar ditas competencias e delegalas na Concellería de Medio Mariño “que asumirá o traballo de limpeza de praias polo que queda de verán”. A alcaldesa adiantou que estas labores “desenvolveranse en todos os areais redondeláns para que a veciñanza poida gozar de praias limpas durante a época estival”.

Villar aposta por unha limpeza das praias “respectuosa co medio”

A limpeza das praias, xestionada ata o de agora por Roberto Villar (AER), apostaba por segundo ano consecutivo, por un sistema de recollida de algas “respectuoso coa contorna e que permitiu rexenerar nun só un ano unha zona de duna na praia de Cesantes”. O concelleiro de Medio Ambiente explica que esta limpeza facíase “en base a uns criterios científicos abalados por expertos”. Malia as críticas de moitos bañistas pola acumulación de algas no areal, Villar defende esta alternativa. O concelleiro explica que a maior parte da vexetación que se atopa na praia é necesaria para manter o ecosistema “xa que serve de alimento a moitas especies”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *