Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con dous puntos de recarga para coches eléctricos

RecargaElectrica

O paseo da Xunqueira e a Avenida de Vigo contarán con punto de recarga para vehículos eléctricos. Estas instalacións, cun investimento de case 44.000 euros, contan cunha subvención do 40 % do INEGA, dentro do programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente. O Concello xa anunciou a posta en marcha do proceso de contratación destes dous puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Cada posto poderá atender simultaneamente a dous vehículos, nunha aposta “pola mobilidade sustentable e a redución de emisións de CO2”, sinalan desde o goberno local.

Os edificios municipais pásanse á biomasa

O Multiusos de Chapela e o Conservatorio Víctor Ureña melloran a súa eficiencia enerxética coa instalación de caldeiras de biomasa. As obras contan cunha subvención do INEGA, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do desenvolvemento de proxectos de enerxías térmicas renovables. Os traballos inclúense dentro das iniciativas que desenvolve o Goberno redondelán para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e instalacións públicas e seguir afondando en sistemas que reduzan a emisión de carbono á atmosfera.

No caso da caldeira instalada no Multiúsos de Chapela, conta cunha potencia instalada de 0,15 MW que permitirá unha redución de gases efecto invernadoiro de 13,337 ton CO2/ano. O investimento desta instalación é 63.048,26 euros dos que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FERDER) achegará o 80 %, e o resto o propio Concello de Redondela. Pola súa banda, a instalación de biomasa para o Conservatorio de Música de Redondela, contou cun investimento total de 53. 490, 05 euros, dos que os fondos FEDER achegan o 80 %. A potencia instalada, neste caso, é de 0,125 MW o que evitará a emisión á atmosfera de 8,410 con CO2/ano. Desde o Concello de Redondela están a desenvolverse auditorías enerxéticas para optimizar as instalacións tanto nos edificios municipais como no alumeado público. Estas actuacións “a maiores afondar na eliminación de emisións de CO2, contribúen un notable aforro dos custes enerxéticos”, sinalan desde o goberno local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará