Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Barreira humana contra a contaminación de Aucosa

cadeaAucosa

A praia de Arealonga converteuse onte no escenario dun acto informativo e reivindicativo da veciñanza. Convocados pola Plataforma en defensa da Enseada San Simón, o colectivo de afectados de Cabanas-Rande, e a Asociación de Veciños de Chapela, ducias de persoas uníronse á protesta. Agarrados a un cabo e mantendo a distancia de seguridade, formaron unha cadea humana para denunciar os continuos cheiros “pestilentes” e as verteduras de Aucosa. A auxiliar conserveira situada no litoral de Cabanas, elabora fariñas e aceites de peixe. Ao berro de “a praia é nosa e non de Aucosa”, ou “Aucosa fóra da ría” amosaron o seu rexeitamento á actividade desta factoría, “que incumpre reiteradamente a normativa ambiental”. Nas últimas semanas producíronse na ría varias verteduras de grandes dimensións que causaron alarma entre a veciñanza, mariñeiros e bañistas, xa que a mancha de cor alaranxado chegou ata a praia de Arealonga. As análises realizadas pola concellería de Medio Ambiente apuntan a Aucosa como orixe destas verteduras. Esta situación non prexudica só aos veciños da contorna, que sofren de primeira man estes efectos, senón tamén para a sociedade en xeral e para o ecosistema mariño, xa que as verteduras contaminan a ría. Estiman que os verquidos superan os 15.000 metros cúbicos e os gases de dióxido de carbono os 30 millóns de quilos ao ano. Os convocantes denuncian que a empresa está a utilizar a ría “como un vertedoiro incontrolado”, ao tempo que “atufa” a contorna con cheiros “pestilentes”.

Vertedura producida hai unhas semanas e que se extendeu ata a praia de Arealonga
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará