Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A enseada de San Simón acolle o Kite Fest Cesantes 2021

Día 2, III KiteSurf Cesantes 2020. ©Sailingshots by María Muiña Photography

Esta fin de semana a enseada volverá encherse de deporte e cor coa cuarta edición do Kite Fest Cesantes. Celebrarase o sábado e domingo, organizado polo TMKiteClub e o Concello de Redondela e co patrocinio da Xunta de Galicia. Durante os dous días de evento completaranse diversas probas puntuables para o Circuíto Galego de Kitesurf en formato regata nas categorías Twintip, Surf, Foil, Wing e Non Federados. Este ano, ademais, haberá probas de windsurf en dúas categorías: Formula Foil e Slalom Fin. O domingo, tras finalizar a última manga, celebrarase a a exhibición de freestyle. Os organizadores completarán a programación cun taller de cometas para nenos, paddles, kaiaks, bautismos de kite, e outras actividades como ioga. O evento será de acceso gratuíto pero, debido á situación sanitaria, o Kitefest celebrarase seguindo as normas e protocolos Covid para garantir a seguridade de todos os asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará