Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ximnasia acuática en Arcade para todas as idades

Aquagym

A praia da Muxeira acolle desde mañá un programa de ximnasia acuática de verán. As clases terán lugar todos os mércores do mes de xullo, a partir das 18:00 horas. A actividade, totalmente gratuíta, está organizada polo Concello de Soutomaior, e todas as sesións estarán dirixidas por persoal especializado. No caso de que nalgún dos días nos que se celebra a actividade haxa mal tempo ou a marea estea demasiado baixa, a clase realizarase na area da praia. Para participar non é necesario ningún tipo de equipamento e a única recomendación é levar calzado para a auga (as coñecidas como fanequeiras ou escarpíns). O aquagym é unha modalidade de ximnasia acuática que inclúe numerosos exercicios para a tonificación muscular de maneira divertida e saudable. A actividade está dirixida a veciños de todas as idades xa que a súa práctica, ao realizarse dentro da auga, ten un risco de lesións moi baixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará